Enxebre

Parador de Tui

Na fronteira de Galicia con Portugal, no centro da cidade de Tui e a carón da ribeira do río Miño, atópase o Parador de Tui. O edificio reproduce fielmente a arquitectura dun pazo tradicional galego, rodeado por unha contorna montañosa e fluvial. É o destino perfecto para amantes da natureza que queiran combinar a súa actividade coa práctica de deportes fluviais coma o piragüismo. O hotel dispón de elegantes salóns, acolledoras habitacións, un extenso xardín coa piscina e pista de tenis.