Restaurante del Parador de Verín
En el restaurante del Parador de Verín se puede degustar productos con identidad y de gastronomía local, exponentes de la cocina gallega de interior.
Type of kitchen
Tradicional
Opening Hours
Natureza e confort nun pazo tradicional galego
Verín e a vila central da comarca de Monterrei, situada moi preto da fronteira con Portugal e bañada polo río Támega. Son coñecidos o seu ancestral Entroido, ademais dos seus mananciais e o castelo. Na fortaleza de Monterrei consérvanse os seus recintos amurallados, a igrexa gótica de Santa María de Gracia e o pazo dos Condes de Monterrei, actualmente Parador de Turismo.
O Entroido de Verín foi declarado festa de Interese Turístico Nacional. Vaite sorprender por tradicións tan divertidas como as guerras de fariña contra os visitantes, e por outras tan arraigadas na cultura local coma o Cigarrón, personaxe protagonista que, ataviado cunha máscara de madeira tellada e exquisitamente decorada, cinzarras na cintura e látegos, fustriga a veciños e visitantes.