Parador de Santiago de Compostela
Praza do Obradoiro, 1 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
Register number: H-CO-21
+34 981582200
[email protected]O Parador de Santiago de Compostela está considerado coma o hotel máis antigo de España. Sitúase na Praza do Obradoiro a carón da Catedral de Santiago de Compostela, unha das máis visitadas do mundo, e foi testemuña da trasfega de peregrinos ó longo dos séculos.
Naceu coma Hospital Real cos Reis Católicos para darlles acubillo e hoxe é coñecido coma Hostal dos Reis Católicos. O histórico edificio conserva a fachada plateresca no seu exterior, catro claustros, elegantes andadeiros e corredores e espectaculares habitacións.
O Hostal conta coa colección máis numerosa de obras pictóricas da Escola de Madrid da colección de Paradores. Só en Santiago de Compostela expóñense máis de 140 obras de artistas como Martínez Novillo, Álvaro Delgado e Menchu Gal, entre outros.
Unhas habitacións para soñar esperto
As habitacións de Paradores combinan á perfección o deseño e os servizos modernos. En cada unha delas poderás gozar da comodidade, elegancia do deseño e o mobiliario e as mellores visitas en destinos ós que quererás volver unha e outra vez.
Tódalas comodidades que necesitas
Cociña rexional galega
O Hostal dos Reis Católicos, expoñente da cociña galega, dispón de dous espazos, restaurantes que son de obrigada visita: o Restaurante dos Reis e o Enxebre. O primeiro, con un luxoso comedor, ofrece unha cociña galega e de produto. O segundo, máis informal, unha cociña de tradición galega, con sabor e autenticidade.
Take advantage of the Paradores offers
A cidade de Santiago de Compostela, declarada Patrimonio da Humanidade, está inevitablemente unida ó Camiño de Santiago. A súa Catedral é unha das máis visitadas do mundo, e a Praza do Obradoiro é un centro de peregrinación mundial polo que pasan miles de peregrinos cada ano. Dende aquí tes varias rutas a pé polo centro histórico e os lugares máis emblemáticos, sen esquecer a gastronomía. De Santiago non podes marchar sen probar os pementos do Padrón ou a torta de Santiago. Por suposto, Galicia reúne un total de cinco Denominacións de Orixe vinícola. Non te esquezas de probalas!
As nosas recomendacións
-
Parador Museo do Hostal "dos Reis Católicos
-
Catedral de Santiago de Compostela, tellados e cripta
-
Praza do Obradoiro
-
Pazo de Fonseca
-
Cidade da Cultura de Galicia
-
Mercado de Abastos de Santiago de Compostela
-
Museo das peregrinacións
-
Museo do Pobo Galego
-
Museo de Arte Contemporánea (CGAC)
-
Percorrer as rías galegas: as Rías Baixas dende a de Muros á de Vigo e Baiona, as Rías Altas dende A Coruña ó Barqueiro, A Costa da Morte dende Carnota a Malpica e a Mariña Lucense
-
Praia fluvial de Tapia (Ames, 12 km))
-
Santa Comba. Fervenza de Castriz e Miradoiro de San Bartolomé (32 km)
O Parador de Santiago de Compostela, Hostal dos Reis Católicos, é unha mestura de historia, arte e tradición. Está situado nunha das capitais máis visitadas do mundo, na mesma Praza do Obradoiro ó carón da Catedral. Un enclave perfecto para a celebración de eventos de empresa e privados, para os que dispoñemos de amplos salóns dotados cun equipamento completo para conducir ó éxito o seu congreso, convención ou reunión. Contará con tódolos servizos necesarios e cun asesoramento á súa medida por parte do noso equipo especializado de eventos.