O verán achégase a Paradores
O recendo da herba acabada de regar, o son tranquilo da auga, a sombra dos xardíns e ese primeiro baño que sabe oficialmente a verán. En moitos Paradores xa podes gozar de piscinas rodeadas de natureza, historia e paisaxes únicas onde baixar o ritmo e desconectar. Consulta as datas de apertura e atopa o destino perfecto para a túa próxima escapada.
Os mellores destinos para esta primavera

-
Hazte Amigo de Paradores y disfruta de ventajas desde el primer momento
Your points are worth a lot
Redeem your Friends of Paradores program points for unforgettable nights. Because you've earned it, and you know it.
Atopa o teu Parador
¿Non sabes a dónde ir? Descobre os 98 Paradores que podes atopar por toda España
Toca no mapa para ver todos os nosos destinos
Atopa o teu Parador

A mellor cociña rexional en espazos únicos
Paradores ofrece a exclusiva experiencia de gozar da cociña rexional, local e da contorna en espazos singulares A nosa cociña está fortemente vencellado ós lugares onde se sitúan os 98 hoteis, presentando a mellor gastronomía das distintas rexións españolas. Pioneiros na cociña de proximidade, reforzamos a aposta por produtos locais en busca da mellor materia prima e reafirmando o noso compromiso coa sostibilidade.
Paradores, o eco da túa estadía
Dende os nosos inicios, entendemos que viaxar tamén é coidar. Coidar a historia que nos rodea, as paisaxes que nos acollen e as comunidades que dan vida a cada destino. Por iso a sostibilidade non é só unha promesa: é unha parte esencial do que somos.
Invitámoste a descubrir como traballamos cada día para protexer o noso patrimonio natural e cultural, promover o desenvolvemento local e construír un turismo máis responsable. Porque cando elixes Paradores, elixes unha forma de viaxar que respecta, preserva e transforma.
Explora as nosas iniciativas e únete a nós nesta viaxe cara a un futuro máis sostible.
Sinte a natureza no seu estado puro
Din que quen ama a natureza, atopa beleza en todas partes.
Es deses afortunados? Coñece o noso novo programa de experiencias co que promovemos un ecoturismo sostible e responsable que xera beneficios sociais, ambientais e económicos nos territorios onde se sitúan os nosos Paradores. Coñece a actividade das vilas, a esencia dun xeito de vida que exemplifica modos e xeitos sostibles. Respira natureza e reconecta con ela preservando a vida rural.
Goza das Caixas Agasallo de Paradores
Tanto se buscas facer un agasallo orixinal e sorprendente coma se queres darche un capricho sen data definida, as Caixas Agasallo de Paradores son a mellor opción. Aloxarse nun Parador é abrir a porta a unha nova experiencia e xeito de viaxar, é durmir en habitacións onde séculos atrás soñaron reis, onde se aloxaron personaxes que marcaron a Historia, onde se inspiraron escritores, onde se compuxeron cancións... Onde a tradición se une á modernidade para che ofrecer momentos que non poderás esquecer.
Paradores para todos
Coñece a nosa selección de experiencias con desconto e ofertas para gozar cos teus.
Cada estancia é unha experiencia única
Unha boa viaxe é unha experiencia integral que une aloxamento, gastronomía e actividades na contorna. As Experiencias Paradores axúdante a gozar ó máximo do destino ofrecéndoche a posibilidade de combinar estancias únicas nos nosos aloxamentos con actividades culturais e de ocio. Selecciona a túa ruta entre as quince dispoñibles e comeza a percorrer España coñecendo o patrimonio e gozando da súa gastronomía. Asegurámoste que escoller só unha será o máis difícil.
A vida son momentos, celébraos connosco
Lugares e contornas únicas con espazos coidados ó detalle nos que celebrar os teus eventos ou celebracións memorables en escenarios singulares: castelos, mosteiros, pazos, conventos ou edificios vangardistas. Buscas un lugar na costa, montaña ou cidade? E se ademais o complementamos cun programa de spa ou golf?
Natureza para os Sentidos
Varios Paradores poñen á túa disposición unha selección de actividades na súa contorna que buscan tres obxectivos: concienciar da necesidade de coidar do medio ambiente, dinamizar zonas rurais e que a túa estancia no Parador sexa inda máis divertida e interesante. Queres descubrir un novo xeito de facer turismo máis sostible?
