Parador de Santo Estevo
Monasterio de Santo Estevo 32162 Nogueira de Ramuín (Ourense)
Register number: H-OR-000618
+34 988010110
[email protected]O spa do Parador permanecerá pechado ata mediados de abril. O servizo de tratamentos e masaxes segue operativo. Para máis información podes contactar directamente co Parador.
Natureza, historia e arquitectura. O Parador de Santo Estevo, situado nun mosteiro beneditino, é unha das xoias da rede. Atópase no corazón da Ribeira Sacra, rodeado de natureza e cunhas vistas panorámicas espectaculares do canón do río Sil.


As orixes do mosteiro remóntanse ó século X inda que sufriu ampliacións posteriores, polo que ten influencia de varios estilos arquitectónicos. Ten tres espectaculares claustros: un románico, un gótico e un renacentista.
Un dos atractivos deste Parador é o contraste do edificio histórico coa decoración vangardista do interior. As habitacións atópanse no que foron as celas dos monxes. Ademais, conta cun spa instalado nas antigas adegas do mosteiro e un jacuzzi no exterior con vistas ó bosque que rodea ó mosteiro.

Unhas habitacións para soñar esperto
As habitacións de Paradores combinan á perfección o deseño e os servizos modernos. En cada unha delas poderás gozar da comodidade, elegancia do deseño e o mobiliario e as mellores visitas en destinos ós que quererás volver unha e outra vez.
Tódalas comodidades que necesitas
Aire acondicionado
Ascensor
Caixa forte con capacidade para computador portátil
Conferencias e reunións
Espazo gastronómico
Facilidades de accesibilidade
Jacuzzi
Minibar cunha coidada selección de produtos
Pantalla plana de TV
Aparcadoiro exterior cuberto gratuíto
Aparcadoiro exterior gratuíto
Restaurante
Sala de tratamentos
Sauna
Secador de pelo
Servizo de habitacións
Servizo de lavandería e pasado o ferro
Spa
Tecnoloxía ChromeCast
Cociña rexional galega
O restaurante do Parador de Santo Estevo ofrece a posibilidade de gozar da gastronomía galega do interior coa singularidade que aporta a abrupta Ribeira Sacra. Produtos autóctonos como a castaña ou os viños heroicos protagonizan unha carta que se degusta entre canóns onde non faltan os peixes das Rías.

Take advantage of the Paradores offers

O Parador de Santo Estevo ofrece unha panorámica inmellorable ó canón do río Sil e está rodeado de bosques de castiñeiros, carballos e pinos. O escenario é perfecto para os amantes da natureza e o sendeirismo. Se prefires as vistas dende a auga, outra das rutas máis recomendadas é percorrer os canóns do Sil en barco. Para coñecer máis a fondo o mosteiro, o Parador organiza unhas visitas teatralizadas nas que poderás coñecer a historia e as anécdotas máis curiosas do edificio e da Ribeira Sacra. Ademais, poderás gozar dunha típica queimada galega para culminar a experiencia. A zona ten tamén o atractivo de ser a maior concentración de edificios románicos de Europa. Tamén podes aproveitar para visitar unha das adegas onde se elaboran os viños con denominación de orixe Ribeira Sacra.


As nosas recomendacións
-
Miradoiros sobre o Canón do Sil
-
Ruta dos Encoros en Catamarán
-
Ruta dos Miradoiros
-
Ruta das Pasarelas sobre o Río Mao
-
Visita algunha Adega da D.O. Ribeira Sacra
-
Observatorio de Sober (5 km)
-
Parada de Sil: Mosteiro de Santa Cristina, Fábrica do Chocolate; Balcóns de Madrid e Pasarelas do río Mao (18 km)
-
Ecomuseo Pazo de Arxeriz (32 km)
-
Ourense (25 km)
-
Ruta dos castelos: Maceda (28 km), Castro Caldelas (38 km) e Monforte de Lemos (38,5 km)
-
Ruta dos Mosteiros da Ribeira Sacra: Santo Estevo, Santa Cristina (22 km), San Pedro de Rocas (16 km), Santa María de Montederramo (31 km), Santa María de Xunqueira de Espadañedo (23 km), Oseira (54 km)
-
Cruceiro fluvial en barco polos Canóns do Sil: embarcadoiros de Santo Estevo e Ponte do Sil (63,5 km)
No Parador de Santo Estevo (Ourense) non só as instalacións se adaptan ás necesidades do cliente, senón que a zona na que está situado permite numerosas actividades de aventura e de relax, a visita á adega para esquecernos un rato das reunións, o goce do noso centro spa ou do tratamentos exclusivos para unha maior relaxación.