Parador de Ribadeo
Amador Fernández, 7 27700 Ribadeo (Lugo)
+34 982128825
El Parador se encuentra a 2 minutos del centro de Ribadeo, y al borde de carretera N-640, que circunvala la ría.
O Parador de Ribadeo é un excelente miradoiro sobre a ría, unha casa galega na desembocadura do río Eo situado nunha fermosa vila mariñeira e turística, rodeada de verde e mirando ó mar. Esta magnífica situación, na fronteira de Galicia con Asturias, permitirache contemplar vistas únicas da paisaxe galega, da ría de Ribadeo ou do Eo e das vilas asturianas da outra beira. No hotel prevalece o estilo mariñeiro, elegante e coidado. As habitacións son acolledoras e, tanto as súas panorámicas como as que descubrirás dende o comedor, son espléndidas. Non deixes escapar a oportunidade de probar a exquisita cociña tradicional galega, con pratos como a empanada, o lacón, ou os mariscos ou os viños galegos.

A Ría de Ribadeo, ou do Eo, incluída na Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón, é unha enseada natural de gran importancia ecolóxica e medioambiental, e tamén escenario de todo tipo de actividades náuticas e deportivas. Aquí poderás practicar, por exemplo, a variante de vela latina, única en todo o litoral español.
Fascinarache a beleza das praias da costa ribadense, e non poderás deixar de visitar a Praia das Catedrais, a só dez quilómetros do Parador, considerada unha das máis espectaculares do mundo e declarada Monumento Natural. Chámase así polo seu conxunto de acantilados de máis de 32 metros de altura que, esculpidos polo vento e o mar, forman arcos e bóvedas polos que se colan os raios do sol formando un marabilloso e único paisaxe.

Unhas habitacións para soñar esperto
As habitacións de Paradores combinan á perfección o deseño e os servizos modernos. En cada unha delas poderás gozar da comodidade, elegancia do deseño e o mobiliario e as mellores visitas en destinos ós que quererás volver unha e outra vez.
Tódalas comodidades que necesitas
Acepta mascotas
Ascensor
Caixa forte con capacidade para computador portátil
Conferencias e reunións
Almorzo na habitación
Espazo gastronómico
Facilidades de accesibilidade
Garaxe de pago
Xardín
Minibar cunha coidada selección de produtos
Pantalla plana de TV
Aparcadoiro exterior gratuíto
Electric car charging station
Restaurante
Selección de almofadas na habitación
Servizo de habitacións
Servizo de lavandería e pasado o ferro
Tecnoloxía ChromeCast
Wifi gratis
Cociña rexional galega
Os peixes e mariscos do Cantábrico protagonizan a cociña mariñeira galega do Parador de Ribadeo. Unha carta onde destacan ademais pratos tradicionais como a empanada, o lacón, o arroz caldoso con lumbrigante ou o xeado de Cebreiro dos que gozar coas mellores vistas á Ría do Eo.

Take advantage of the Paradores offers
A Ría de Ribadeo, incluída na Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón, é unha enseada natural de gran importancia ecolóxica e medioambiental, e tamén escenario de todo tipo de actividades náuticas e deportivas. Aquí poderás practicar a variante de vela latina, única en todo o litoral español, que consiste nun corte vertical cara o “puño de amura” da embarcación. O casco histórico de Ribadeo é perfecto para unha xornada de compras, ou para ir de tapeo ou degustar a gastronomía da zona. A visita á Praia de Ribadeo é obrigada, pero teñan en conta que en Semana Santa e os meses de xullo e agosto é necesario ter autorización para acceder á praia. Pode conseguirse a través de http://ascatedrais.xunta.es . Os clientes aloxados no Parador de Ribadeo poderán conseguir o seu pase de acceso na recepción do Parador.
As nosas recomendacións
- Centro histórico: Ponte dos Santos, Torre dos Moreno, Forte San Damián
- Faro Illa Pancha
- Miradoiro de Santa Cruz
- Navegar pola ría de Ribadeo
- Praia das Catedrais
- Ruta das Praias - 6 km (Rinlo - Praia das Catedrais)
- Ruta dos Miradoiros - 11,5 km (Ribadeo - Capela San Miguel - Cargadoiro - Faro Illa Pancha - Miradoiro Sta. Cruz)
- Vía Verde do Eo - 12 km (Ribadeo ó San Tirso de Abres - A Pontenova)
- Figueiras (5 km)
- Castropol (15 km)
- Taramundi (29 km)
- Mondoñedo (28 km)
Ribadeo ten unha situación privilexiada na fronteira entre Galicia e Asturias, e o Parador ofrece as mellores vistas ó estuario do Eo. Nas súas salas de reunións poderá realizar os seus eventos coa tranquilidade, ademais de ter a posibilidade de realizar unha ampla variedade de actividades ó aire libre, como sendeirismo e paseos en barco.
