Parador de Pontevedra
Barón, 19 36002 Pontevedra
Register number: H-PO-1281
+34 986855800
[email protected]O Parador de Pontevedra sitúase no casco histórico da magnífica cidade de Pontevedra, nun pazo renacentista do século XVI que foi residencia dos Condes de Maceda. Na súa entrada atoparás unha señorial escaleira de pedra labrada que leva ás acolledoras habitacións. O edificio, decorado con antigüidades e mobles clásicos de gran valor, ten un precioso xardín onde podes pasear ou sentarte a gozar dos excelentes viños da zona.
O Parador non ten aparcadoiro propio. Á súa chegada, o persoal informarache das diferentes opcións para aparcar o teu vehículo.
O mellor xeito de coñecer Pontevedra é paseando. Un percorrido polo seu elegante e coidado casco histórico mostrarache a Basílica de Santa María a Maior, xoia da arquitectura gótica, e a Igrexa da Virxe Peregrina, capela de planta en forma de vieira e preciosa iluminación nocturna. Coñecerás máis da historia da cidade visitando as cinco sedes do Museo de Pontevedra: o Convento de Santo Domingo, o Pazo Sarmiento, o edificio Castro Monteagudo, o de García Flórez e o de Fernández López.
A poucos quilómetros da cidade, as Rías Baixas ábrense ó Atlántico, e alí poderás gozar de fantásticos atardeceres en lugares como a Illa de A Toxa, praias urbanas como a de Silgar en Sanxenxo, ou inmensos areais dourados como A Lanzada.
Unhas habitacións para soñar esperto
As habitacións de Paradores combinan á perfección o deseño e os servizos modernos. En cada unha delas poderás gozar da comodidade, elegancia do deseño e o mobiliario e as mellores visitas en destinos ós que quererás volver unha e outra vez.
Tódalas comodidades que necesitas
Cociña rexional galega
Tradición, sabor e autenticidade definen a oferta gastronómica do Restaurante Casa do Barón do Parador de Pontevedra. Un espazo onde degustar a auténtica cociña tradicional galega, con especial influencia das Rías Baixas. Unha carta onde reinan peixes e mariscos, o polbo á feira, as empanadas artesás ou os queixos autóctonos.
Take advantage of the Paradores offers
No casco histórico de Pontevedra atópanse tesouros como a Basílica de Santa María a Maior, xoia da arquitectura gótica, e a Igrexa da Virxe Peregrina, capela de planta en forma de vieira e preciosa iluminación nocturna. Son numerosos tamén os pazos, pazos galegos onde combinan á perfección a natureza e a pedra. Algúns marabillosos xardíns con pequenas fontes e estanques, coma o Pazo de Lourizán. E se che gusta a natureza, Pontevedra ofrece ata 20 quilómetros de rutas de costa e montaña. A poucos quilómetros da cidade, as Rías Baixas ábrense ó Atlántico, e alí poderás gozar de fantásticos atardeceres en lugares como a Illa de A Toxa, praias urbanas como a de Silgar en Sanxenxo, ou inmensos areais dourados como A Lanzada. Dende Combarro, onde se atopa a maior concentración de hórreos de toda Galicia, podes tomar un barco ata a Illa de Tambo.
As nosas recomendacións
- Pazos (Lourizán, Fefiñanes, Rubianes, Oca...)
- Museo de Pontevedra
- Centro histórico de Pontevedra
- Hórreos de Combarro
- Ruta da Camelia polos diferentes mosteiros e Pazos da zona. (Febreiro e Marzo)
- Mosteiros: Mosteiro de Lérez (3 km) e Mosteiro de Poio (5 km)
- Márgenes del Rio con Rutas de Senderismo y Running
- Combarro (15 km)
- Praia de Sanxenxo (18 km)
- A Lanzada (28 km)
- Illa de A Toxa (30 km)
- Vigo (24 km)
- Excursión en barco ata a Illa de Tambo
O Parador de Pontevedra sitúase en pleno centro de Pontevedra, moi preto das salas de congresos coas que conta a cidade