Parador de Monforte de Lemos
Plaza Luis de Góngora y Argote, s/n 27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Register number: H-LU-780
+34 982418484
[email protected]Closing periods :
Dende 01/01/2024 until 29/02/2024O Parador de Monforte de Lemos álzase no alto da vila, aloxado polo Mosteiro de San Vicente do Pino e o Pazo dos Condes de Lemos, que xunto á medieval torre da homenaxe forman o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino.
Hoxe, as antigas estancias do pazo acollen as zonas e salóns comúns do Parador, mentres as súas habitacións organízanse arredor do maxestoso claustro neoclásico do mosteiro. O Parador dispón tamén de ximnasio, jacuzzi e unha preciosa piscina exterior que, grazas a súa situación sobre un outeiro, ofrece as mellores vistas sobre a Ribeira Sacra.
O mosteiro remonta as súas orixes ó século IX, inda que o edificio actual foi construído entre 1626 e 1802 en estilo barroco neoclásico, substituíndo ó seu predecesor medieval, que se atopaba en perigo de ruína.
Dado o seu dilatado proceso de construción, o conxunto presenta hoxe elementos góticos, como a súa estrutura interior, renacentistas como a súa portada e neoclásicos coma o seu espléndido claustro, converténdose nun monumento único e un enclave de marabilloso para o visitante.
Unhas habitacións para soñar esperto
As habitacións de Paradores combinan á perfección o deseño e os servizos modernos. En cada unha delas poderás gozar da comodidade, elegancia do deseño e o mobiliario e as mellores visitas en destinos ós que quererás volver unha e outra vez.
Tódalas comodidades que necesitas
Cociña rexional galega
A proposta culinaria do restaurante do Parador de Monforte ofrece a xenuína cociña lucense de interior baixo as máximas da tradición, o sabor e a autenticidade. Unha oferta onde non faltan pratos emblemáticos coma o polbo á feira, as empanadas ou as filloas.
Take advantage of the Paradores offers
Situado no corazón da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos é un dos lugares máis singulares de Galicia. O mellor xeito de coñecelo é paseando polas súas rúas repletas de historia, onde quedarás marabillado pola impresionante arquitectura do Colexio dos Escolapios, un edificio de estilo clasicista e máis de 100 metros de lonxitude, coñecido coma O Escorial galego. No museo do Colexio, antiga sancristía, atoparás ademais cadros de El Greco ou Andrea del Sarto.
Pero Lemos é tamén unha porta privilexiada á Ribeira Sacra, punto de partida ideal para coñecer os seus ríos, viñedos ou arquitectura románica. Se es un apaixonado da cultura, aquí poderás realizar a Ruta do Románico da Ribeira Sacra, ou visitar o tradicional Pazo de Tor e a preciosa Castro Caldelas coas súas rúas de trazado medieval. Ademais, a rexión goza de paisaxes dunha beleza indescritible coma os que regalan os Canóns do Sil ou a máxica Serra do Courel, que poderás gozar en idílicos paseos en barco polos ríos Miño e Sil, ou mediante emocionantes rutas en coche polos principais miradoiros e mosteiros románicos.
As nosas recomendacións
- Museo-Pinacoteca “Os Escolapios", Museo Arte Sacro “Convento das Clarisas”, Museo “Centro do Viño Ribeira Sacra”, Museo do Ferrocarril
- Torre da Homenaxe
- Pazo Molinos de Antero
- Pazo de Tor (9,5 km)
- Canóns do Sil: ruta dos miradoiros e catamarán (19 km)
- Ruta do Románico
- Ruta dos Miradoiros (13 km)
- Mosteiro das Madres Bernardas (13 km)
- Olería-Cerámica de Gundivós, (16 km)
- Mosteiro de Samos (40 km)
- Monasterio de las Madres Bernardas (13 km)
- Ourense (48 km)
- Lugo (68 km)