Parador Castillo de Monterrei
Castillo de Monterrei, s/n 32618 Monterrei (Ourense)
Register number: H-OR-836
988 02 92 30
[email protected]Closing periods :
Dende 01/01/2023 until 31/12/2025No alto do val do río Támega, dominando a fronteira entre España e Portugal, álzase o Parador Castillo de Monterrei, unha impresionante fortaleza considerada por moitos historiadores a maior acrópole de Galicia.
Tras unha concienciuda rehabilitación previa á súa inauguración en 2015, o Parador ofrece ó visitante unha excepcional fusión entre historia e modernidade, onde a elegancia e solemnidade da arquitectura histórica do edificio fúndense con espazos de deseño contemporáneo, onde gozar do mellor confort e gastronomía local.


Froito de sucesivas construcións militares e palacianas, o Castillo de Monterrei está formado por tres recintos amurallados, onde destacan o Palacio dos Condes, de estilo renacentista, e as espectaculares torres da Homenaxe e das Damas.
Dada a súa importancia estratéxica, este magnífico edificio desempeñou múltiples funcións, dende fortaleza medieval ata casa señorial, cuartel e incluso hospital de peregrinos. Ademais, foi o berce da imprenta en Galicia, en 1494 publicou o Misal Auriense, o libro impreso máis antigo de Galicia.

Unhas habitacións para soñar esperto
As habitacións de Paradores combinan á perfección o deseño e os servizos modernos. En cada unha delas poderás gozar da comodidade, elegancia do deseño e o mobiliario e as mellores visitas en destinos ós que quererás volver unha e outra vez.
Tódalas comodidades que necesitas
Aire acondicionado
Ascensor
Caixa forte con capacidade para computador portátil
Conferencias e reunións
Almorzo na habitación
Espazo gastronómico
Facilidades de accesibilidade
Hervidor de auga
Xardín
Minibar cunha coidada selección de produtos
Pantalla plana de TV
Aparcadoiro exterior gratuíto
Piscina de tempada
Restaurante
Secador de pelo
Servizo de habitacións
Servizo de lavandería e pasado o ferro
Wifi gratis
Cociña rexional galega
As receitas tradicionais protagonizan a oferta do Restaurante Castillo de Monterrei, expoñente da autenticidade da cociña galega de interior e consagrado ó produto local máis xenuíno, coma os queixos galegos con Denominación de Orixe, os peixes e mariscos das lonxas atlánticas, a pataca de Xinzo ou os grelos, fundamento do seu saboroso caldo galego.

Take advantage of the Paradores offers
O Castillo de Monterrei ocupa unha posición privilexiada, dominando o vale do Támega e a fronteira con Portugal. O mellor xeito de coñecer a contorna é uníndote a unha das visitas guiadas que percorren o conxunto fortificado, ou achegándote á Verín, cuxo casco vello sorprende con monumentos como a Casa do Escudo ou a Capela de San Lázaro. Tamén podes coñecer, a solo 3 quilómetro do Parador, a Igrexa de Santa María de Mixós, que data do século X e se nos visitas en febreiro, non podes perder o Entroido, unha das festas máis icónicas e antigas de Galicia.
Ademais, Monterrei ofrece experiencias únicas para tódolos gustos. Se a cultura che apaixona, aquí atoparás rutas históricas coma o Camiño de Santiago e a Vía da Prata, ou a meirande concentración de hórreos de Galicia na vila da Merca. Se queres visitar Portugal, tamén poderás realizar a Ruta Termal da Auga, que percorre as preciosas poboacións de Chaves e Vidago. E se o teu é a natureza, a menos dunha hora de distancia atópase o Parque Natural O Invernadeiro, unha das xoias mellor agochadas de Galicia.


As nosas recomendacións:
- Castillo de Monterrei
- Igrexa Santa María de Mixós
- Casco antigo de Verín
- Parque Natural do Invernadeiro
- Mananciais de Augas Minerais de Verín
- Adegas Denominación Orixe Monterrei
- Xardín da Alameda
- Museo Municipal de Verín
- Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés: 26 km
- Termas de Outariz: 39 km
- Allariz: 45 km
- Chaves e Vidago (Portugal): 33 e 43 km
O Parador de Monterrei está preparados para organizar todo tipo de eventos. A singularidade dos seus salóns ofrece o escenario perfecto para calquera tipo de reunión, banquete ou celebración. Cada un dos seus tres salóns están equipados con todo o necesario: canón, vídeo, flip chart, micrófonos, pantallas, etc.