Parador de Baiona
Avenida Arquitecto Jesús Valverde, 3 36300 Baiona (Pontevedra)
Register number: H-PO-000588
+34 986355000
[email protected]Ó sur das Rías Baixas, protexida polo mar e con vistas á fermosa Baía de Baiona, atópase a península de Monterreal. Nela agárdate o Parador de Baiona, unha fortaleza histórica cunha espectacular panorámica sobre o océano.
A medio camiño entre castelo medieval e pazo señorial galego, o Parador conta con estancias rexias e elegantes, cuxa coidada decoración transportarate a outra época. Sobresaen a maxestosa escaleira de pedra do recibidos e o seu inmenso xardín, equipado cunha ampla piscina, dende onde poderás contemplar toda a baía.
O actual Parador ocupa a antiga vila fortificada de Baiona, que remonta as súas orixes ó primitivo castelo de Monterreal. Pola súa posición estratéxica, esta fortaleza foi clave nas guerras anglo-españolas, chegando a ser atacada polo pirata Francis Drake en 1585.
Xa no século XIX, o Marqués do Pazo da Merced comprou as ruínas do enclave para albergar un fermosos pazo neogótico, declarado Monumento Nacional en 1950. Entre 1963 e 1966, foi substituído por un elegante Parador de nova planta; ademais, restaurouse a muralla e instalouse unha típica adega galega nas antigas cortes dos cabalos.
Unhas habitacións para soñar esperto
As habitacións de Paradores combinan á perfección o deseño e os servizos modernos. En cada unha delas poderás gozar da comodidade, elegancia do deseño e o mobiliario e as mellores visitas en destinos ós que quererás volver unha e outra vez.
Tódalas comodidades que necesitas
Cociña rexional galega
O Parador de Baiona ofrece a mellor gastronomía galega nun enclave único con espectaculares vistas sobre a baía e as Illas Cíes. Conta con dous restaurantes, o elegante restaurante Torre del Príncipe e o Enxebre A pinta, de carácter máis informal e ambiente mariñeiro. Ámbolos dous ofrecen exquisita cociña tradicional baseada en peixes e mariscos da zona, e carnes de Tenreira Galega I.X.P.
Take advantage of the Paradores offers
Baiona é unha vila-fortaleza medieval dominada polo Parador. O mellor xeito de coñecela é perderte polo seu casco histórico, ou subir nunha bicicleta e percorrer o seu paseo marítimo. De Baiona dise que foi o primeiro porto en coñecer a nova do descubrimento de América, ocasión que conmemoran cada primeiro fin de semana de marzo coa festa da Arribada, na que a vila regresa á Idade Media. Nela, poderás gozar do mercado medieval e de espectáculos nas praias presididos pola réplica-museo da Carabela A Pinta. Non deixes de ver este espectáculo único mentres gozas da tranquilidade das súas murallas, ou alongas os días cunha copa de viño na terraza.
Pero Baiona tamén é natureza. Dende os seus miradoiros descubrirás unha das razóns: as illas Cíes. Este paraíso de natureza virxe, incluído no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, acolle “a praia máis bonita do mundo”, a Praia de Rodas. Tamén a carón do Parador atoparás praias espectaculares, como A Ribeira, A Concheira ou A Barbeira, onde poderás practicar todo tipo de deportes de vela. Ademais, a localización estratéxica de Baiona permitirate visitar destinos como Vigo, Tui, Pontevedra e incluso Portugal.
As nosas recomendacións
- Fortaleza de Monte Real
- Virxe da Roca
- Paseo de Monte Boi
- Réplica da carabela "La Pinta" (Casa da Navegación)
- Illas Cíes
- Cabo de Silleiro
- Senda fluvial do río Baíña
- Ponte románica da Ramallosa
- Miradoiro de "O Cortelliño" (Serra da Groba)
- Val Miñor (Nigrán e Gondomar)
- Poboacións próximas: Vigo e Tui
- Monte de Santa Trega
No Parador de Baiona atoparás salas inmellorables para as túas celebracións, con capacidade para ata 400 persoas. Ambiente familiar, decoración exquisita, xardíns coidados e unha paisaxe idílica fan deste lugar un lugar único.